Carmela López visita os servizos provinciais de Mantemento e Arquivo e o Pazo dos Deportes
A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, continuou este venres a súa visita aos diferentes servizos provinciais da institución. Ao longo de toda a mañá, a mandataria percorreu os servizos de Mantemento e Arquivo, situados nas instalacións da Tolda de Castela, e tamén o Pazo dos Deportes. No pavillón da Avenida Filarmónica Lucense, Carmela López acudiu acompañada polo Vicepresidente da institución provincial e Deputado de Deportes, Efrén Castro.
Carmela López comezou esta semana un percorrido polas diferentes dependencias provinciais co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades das diferentes áreas e aos traballadores e traballadoras da Deputación. A semana que vén está previsto que continúe coas súas visitas.