Daniel García sinala "o relevo xeracional como unha prioridade nas políticas de desenvolvemento rural" no Foro Labrego de Agroecoloxía do SLG
O deputado Daniel García participou esta fin de semana na inauguración VIII Foro Labrego de Agroecoloxía organizado polo Sindicato Labrego Galego en Mondoñedo, co relevo xeracional como eixo temático dos relatorios, debates e visitas a ganderías que se celebran entre hoxe e mañá.
O responsable de Rural coincidiu coa organización do Foro en sinalar o "relevo xeracional como unha prioridade no deseño das políticas de desenvolvemento rural e na aplicación transversal das política encamiñadas a frear a ameaza presente e futura da crise demográfica na provincia de Lugo".
Na súa intervención, trasladou o apoio da área de Rural "a modelos produtivos sustentables, asentados no respecto polo medio, a xestión do territorio e a herdanza da nosa tradición agraria".