Cultura
Deputación de Lugo

A proposta escénica Quen ocupa esta cadeira? deu voz no Museo Provincial de Lugo a mulleres que foron determinantes na historia en diferentes ámbitos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Palimoco Teatro
8M
Unhas 600 persoas visitaron o Museo para participar nesta iniciativa de Palimoco Teatro

O Museo Provincial de Lugo acolleu este sábado a intervención artística "Quen ocupa esta cadeira?", unha iniciativa da Escola Palimoco que transformou as salas do museo en espazos para proxectar os relatos e a voz de mulleres que foron determinantes na historia en diferentes ámbitos.

Atenea, Isadora Duncan, Aitana Bonmatí, Luz Casal, Marie Curie, Ana Frank, Tina Turner, Simone de Beauvoir, Elisa e Marcela, Enriqueta Otero, Irene González, Maruja Mallo, Jane Goodall ou Mafalda foron algunahs das mulleres e personaxes femininas recreadas nesta proposta escénica, dirixida por Paloma Lugilde, na que as persoas que visitaron o Museo tomaron parte activamente, sentando a conversar e escoitar un relato personalizado.

A representación resultou de novo un éxito rotundo en canto á asistencia, con preto de 600 persoas participando na actividade, incluída un ano máis dentro da programación da Rede Museística no mes de marzo.