Deputación de Lugo

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

Ribas de Sil
A Presidenta da Deputación percorreu xunto ao Alcalde, Roberto Castro, os últimos tres quilómetros da estrada LU-P-5301, que é clave para vertebrar o concello porque comunica San Clodio cos miradoiros de montaña ata o Alto da Cruz

Aproveitaron tamén a visita para supervisar o funcionamento do xeocam-ping, que leva meses aberto cunha capacidade de 100 prazas distribuídas en 8 bungalós, e no que a institución provincial investiu 150.000€ a través do Plan Deputación

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de Sil o arranxo da estrada provincial que conecta o val de Quiroga con Ourense, a LU-P-5301. Acompañada polo Alcalde do municipio, Roberto Castro; o Deputado de Promoción Eco-nómica e Social, Pablo Rivera Capón; e concelleiros e concelleiras da corporación local; a mandataria provincial percorreu os últimos tres quilómetros desta vía que é clave para vertebrar o concello porque comunica o núcleo urbano de San Clodio cos distintos mira-doiros de montaña ata Alto da Cruz.

“Esta é unha estrada fundamental para a contorna porque comunica as dúas provincias e porque ten unha relevancia turística moi importante, nun territorio de alto valor xeolóxi-co, natural e cultural como é o Xeoparque Montañas do Courel”, declarou López. Explicou que o tramo que se vai rehabilitar desta vía é o último, na conexión con Ourense, unha zona de montaña que sofre un tráfico intenso e cambios bruscos de temperatura. Recen-temente a institución provincial mellorara parte do firme, entre os quilómetros 3,1 e 6,2, polo que con este novo proxecto, que está en fase de estudo, a estrada quedaría mellora-da en practicamente todo o seu trazado.

Carmela López aproveitou tamén a visita supervisar o funcionamento do xeocamping, que leva meses aberto cunha capacidade de 100 prazas distribuídas en 8 bungalós, e no que a institución provincial investiu 150.000€ a través do Plan Deputación en diferentes anuali-dades. O complexo conta tamén co CIMAR, o Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana, integrado no Xeoparque e con tres salas expositivas interconectadas sobre as diferentes explotacións de ouro no territorio e as técnicas mineiras empregadas polos romanos.

LU-P-5301