Cultura
Deputación de Lugo

San Paio de Narla acolleu unha xornada sobre dereitos culturais e migracións ao abeiro do Consello da Cultura Galega

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
CONSELLO CULTURA GALEGA
DEREITOS CULTURAIS
Representantes dunha vintena de colectivos avaliaron o grao de participación real na cultura das comunidades migrantes

A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou  un encontro sobre migracións e dereitos culturais, organizado pola Comisión Técnica de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega no Museo Fortaleza de San Paio de Narla.

Unha xornada de traballo cooperativo  que reuniu representantes dunha trintena de colectivos para compartir experiencias e avaliar o grao de participación real na cultura das comunidades migrantes que forman parte da sociedade.

A dinámica formulouse co obxectivo de identificar barreiras e mecanismos de exclusión, subordinación e silenciamento que afectan as comunidades migrantes e avanzar no traballo que o CCG desenvolve sobre os dereitos culturais como marco normativo e conceptual para o deseño dunhas políticas culturais públicas responsables, coa colaboración continuada da Rede Museística Provincial de Lugo.