Deputación de Lugo
Infraestruturas

Comezan as obras na estrada provincial que une A Pontenova e Trabada por Vilaformán

lu-p-6102
REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS
A Deputación de Lugo inviste 187.000 € na mellora dos catro primeiros quilómetros da LU-P-6102, desde o enlace coa N-640 á altura da ponte do Pedrido

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora da estrada LU-P-6102, que conecta os concellos da Pontenova e Trabada, a través da parroquia de Vilaformán. A institución provincial inviste 187.000 € nunha actuación que afecta aos catro primeiros quilómetros da vía, desde o enlace coa N-640 á altura da ponte do Pedrido.

Os traballos, encargados á empresa Cholo SL, comezaron esta semana coa limpeza de cunetas e inclúen tamén a mellora do firme mediante aglomerado en quente e a actualización da sinalización horizontal. As obras abarcan o tramo inicial da estrada, ata a parroquia trabadense de Vilaformán.

A LU-P-6102 ten un trazado total de algo máis de 11 quilómetros e transcorre por unha zona de marcado carácter fluvial, á beira do río Eo. Esta vía é moi importante na Mariña Oriental, polo que a actuación da Deputación contribuirá a mellorar as comunicacións entre ambos municipios e na comarca en xeral.