A Deputación súmase á celebración do Día da Terra que organiza a Escola Politécnica Superior de Enxeñería
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves nos actos organizados pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra con motivo da celebración do Día da Terra, patrón do centro. No evento, ao que asistiron tanto alumnado actual como antigos estudantes de diferentes promocións, rendeuse unha homenaxe a todas as persoas que pasaron por esta Escola, contando coa participación de representantes das primeiras promocións de grao.
Nese sentido, Pablo Rivera “a provincia de Lugo, rica en paisaxes, biodiversidade e tradicións ligadas á terra, coñece ben o valor do seu patrimonio natural. Mais tamén coñece a súa vulnerabilidade. Por iso, desde a Deputación, asumimos o compromiso de promover un modelo de progreso que integre economía, que fortaleza o noso rural e que faga da sostibilidade non unha opción, senón unha guía irrenunciable”.