Deputación de Lugo

A Deputación amplía o contrato dos desbroces ata os 2,4M€ para reforzar a limpeza das estradas

Desbroces
A Xunta de Goberno sacou adiante unha modificación para 18 lotes dos 24 que conforman o contrato, o que suporá un aumento na prestación deste servizo en máis dun 75% do territorio cun investimento da institución de máis de 540.000€

“Esta medida permitirá incorporar máis actuacións de roza, de retirada de maleza, vexetación, matogueiras e especies arbóreas nas bernas, gabias e taludes; mellorando así a seguridade viaria e a prevención”, explicou a Voceira socialista do Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres ampliar o contrato dos desbroces ata os 2,4M€ para reforzar a limpeza das estradas. Trátase dunha modificación para 18 lotes dos 24 que conforman o contrato, o que suporá un aumento na prestación deste servizo en máis dun 75% do territorio cun investimento da institución de máis de 540.000€. Así o explicou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal celebrada esta mañá.

“Esta medida permitirá incorporar máis actuacións de roza, de retirada de maleza, vexetación, matogueiras e especies arbóreas nas bernas, gabias e taludes; mellorando así a seguridade viaria, a visibilidade nas estradas, o estado de conservación da rede provincial e a prevención de riscos contra os lumes”, explicou García Porto. 

Sinalou a Deputada que a modificación responde a unha decisión da Presidenta para intensificar os traballos de limpeza e mellorar a seguridade nas marxes das estradas. Unha modificación que afecta unicamente ao aumento dos labores e o coste, pero mantén as mesmas condicións técnicas e de prestación dos contratos adxudicados.

García Porto avanzou que a idea é que os desbroces comecen nos vindeiros días, neste mes de maio, “anticipándonos ao mes de xuño”. E explicou que a previsión é que as empresas pasen dúas veces polas estradas, unha na primavera e outra no verán.
 

 

CONCELLOS

EMPRESA

PREZO DO CONTRATO

PREZO DA MODIFICACIÓN

Lote 1

O Vicedo, Viveiro, Xove, Ourol

Forestal Naseiro SL

172.183,10 €

43.045,78 €

Lote 2

Burela, Cervo, Foz, O Valadouro, Alfoz do Castrodouro

T.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo SL

67.954,81€

67.954,81 €

Lote 3

Muras, Xermade, Vilalba

Desbroces y Jardinería Ancares SL

156.517,43 €

39.129,35 €

Lote 4

Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá

Diego García Besteiro

94.245,69 €

23.561,43 €

Lote 5

Mondoñedo, Abadín

T.A. Os do Campo SL

88.409,55 €

22.102,39 €

Lote 7

Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz, Begonte

Diego García Besteiro

112.395,69 €

28.098,92 €

Lote 6

A Pontenova, Riotorto, Pastoriza

Diego García Besteiro

75.611,69 €

37.805,84 €

Lote 8

Castro de Rei, Pol, Meira

T.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo SL

115.465,46 €

28.866,37 €

Lote 10

Castroverde, O Corgo

Horacio Arias Alvarez

94.678,00 €

23.669,50 €

Lote 11

Friol

Agroforestal Carballés Campos SL

90.023,54 €

22.505,89 €

Lote 12

Baleira, Baralla, Láncara

Desbroces y Jardinería Ancares SL

96.026,21 €

24.006,56 €

Lote 13

 

A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada

Servitec Medioambiente SL

128.112,41 €

32.028,10 €

Lote 14

Negueira de Muñiz, Navia de Suarna

Servitec Medioambiente SL

113.102,55 €

28.275,64 €

Lote 16

Cervantes, Pedrafita do Cebreiro

Desbroces y Jardinería Ancares SL

122.129,35 €

30.532,33 €

Lote 17

Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Palas de Rei

Servicios Agrícolas Moure SL

123.080,58 €

30.770,14 €

Lote 21

Chantada, Carballedo

Trafober SL

120.038,05 €

30.009,52 €

Lote 23

Bóveda, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos

Eulen SA

123.005,76 €

30.751,44 €

Lote 24

Pantón, Sober

Eulen SA

128.284,20 €

32.071,05 €