A Vicepresidencia impulsa o XV Volante Deputación , que se celebrará do 30 e 31 de maio na Pastoriza
A Vicepresidencia da Deputación impulsa unha nova edición da proba de condución deportiva Volante Deputación, que se celebrará os días 30 e 31 de maio no circuíto da Pastoriza e que ofrece a pilotos noveis da provincia a posibilidade de formarse e iniciarse na competición automobilística.
A proba mantén o formato das edicións anteriores, cunha parte formativa na que as persoas participantes reciben un curso de condución e outra puramente competitiva, cunha proba cronometrada da que sae o gañadora ou gañadora. O premio é a participación gratuíta no Rally San Froilán 2026, como piloto titular dentro da estrutura do equipo de competición PTC.
Efrén Castro destacou “que esta proba, que foi pioneira, chega este ano ás quince edicións, una cifra redonda que alcanza con éxito de participación en todas as convocatorias que se celebraron e que se consolidou como unha canteira do automobilismo en Lugo. Ao longo do ano, vemos com pilotos que gañaron ou lograron boas puntuacións no Volante Deputación seguen participando nos rallys. Iso significa que hai un interese e un aproveitamento desa experiencia”, explicou.
O Volante Deputación é un dos piares da rede de apoio da Vicepresidencia da Deputación a este deporte. Engádese unha convocatoria anual de axudas para pilotos de rally cunha dotación de 45.000 euros e o patrocinio dos rallys de campionatos galegos e estatais que se disputan nas distintas comarcas ao longo do ano
Inscricións do 14 ao 28 de maio
O prazo para enviar os formularios de inscrición abre o xoves 14 de maio ás 9:30 horas e remata o xoves 28 de maio de 2026 ás 12:00 horas. . As solicitudes, que estarán dispoñibles na web de PTC Escuela, deberán enviarse ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com. A inscrición atendese por orde de recepción do correo electrónico coa documentación solicitada (modelo de solicitude de participación, fotocopia do DI e certificado de empadroamento), ate cubrir as 160 prazas dispoñibles.
Requisitos de participación
A organización establece os seguintes criterios optar a partipación no Volante Deputación
- Ter entre 18 e 35 anos na data de celebración da selección (30 e 31 de maio)
- Estar empadroado/a en calquera dos municipios da provincia de Lugo, con anterioridade ao 14 de maio (data en que se abre o prazo de solicitude)
- Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos de calquera trofeo, copa ou campionato de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, slalom e autocross, nos últimos 5 anos (2021-2026, ambos os dous incluídos).
- Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos da xeral na clasificación final de calquera evento ou proba de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, slalom e autocross, nos últimos 5 anos (2021-2026, ambos os dous incluídos).
- Non ter gañado ningunha edición do denominado “Volante Deputación” ou outra selección de pilotos celebrada nos últimos 14 anos. (2012‐2025, ambos os dous incluídos)
-Estar en posesión do permiso de conducir nas que sexa imprescindible telo (formación de competición, adestramento e rally)
- Reunir, na data de celebración do Rally San Froilán do ano 2026, tódolos requisitos esixidos pola Federación Galega de Automobilismo para obter a Licenza de Piloto segundo a normativa para a expedición de licencias no ano en curso.