Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento
  • Encargado do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Xestión, inspección e recadación dos tributos locais e outros ingresos de dereito público delegados na Deputación provincial.
  • Xestión, liquidación, inspección e recadación dos recursos das entidades locais por delegación dos respectivos concellos da provincia de Lugo.
  • Xestión e aprobación de padróns e liquidacións tributarias.
  • Beneficios fiscais, revisións de liquidacións.
  • Información ao contribuínte, notificacións e comunicacións.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • RXPD 6.1.e) Tratamento necesario para a realización dunha misión en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable.

Para o tratamento de datos especialmente protexidos:

  • RXPD 9.2.g) Tratamento é necesario por razóns dun interese público esencial, sobre a base do Dereito da Unión ou dos Estados membros, que debe ser proporcional ao obxectivo perseguido, respectar no esencial o dereito á protección de datos e establecer medidas adecuadas e específicas para protexer os intereses e dereitos fundamentais do interesado.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
  • Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
  • Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Categorías de interesados:

  • Obrigados tributarios.
  • Contribuíntes.
  • Representantes legais.

Categorías de datos:

  • Datos de categoría especial:
    • Datos relativos á saúde.
    • Condición de vítima de violencia de xénero.
  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativos (DNI, Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, teléfono, sinatura manuscrita, sinatura electrónica).
    • Características persoais (sexo, estado civil, datos de familia, data de nacemento).
    • Económicos e financeiros (propiedades e posesións, actividades e negocios, ingresos e rendas, investimentos e bens patrimoniais, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, plans de pensións, xubilación, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios, historial de créditos, bens e servizos recibidos polo afectado, datos tributarios).
  • Outros datos:
    • Matrícula de vehículos.
    • Datos de infraccións administrativas. 
  • Outros datos de especial atención:
    • Menores de idade.

Destinatarios:

  • Outras administracións: Non se cederán datos salvo nos supostos establecidos no artigo 95 da Lei Xeral Tributaria.
  • Concellos.
  • Entidades financeiras.
  • As requiridas pola lei e a normativa de aplicación para a correcta  tramitación do expediente.

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org