Entidade responsable:

  • Deputación de Lugo

Rol:

  • Responsable do tratamento

Finalidades do tratamento:

  • Xestión, contabilización e realización de pagos.
  • Xestión económica e orzamentaria dos contratos, convenios e encomendas de xestión.
  • Xestión de facturación, control orzamentario e xestión fiscal.

Base lexitimación:

  • RXPD 6.1.c) Tratamento necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento.
  • RXPD 6.1.b) Tratamento necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a petición deste de medidas precontractuais.
  • Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Categorías de interesados:

  • Persoal.
  • Provedores
  • Representantes legais ou voluntarios.

Categorías de datos:

  • Datos de categorías xerais:
    • Identificativos (DNI/Pasaporte/NIE, nome, apelidos, correo electrónico, enderezo postal, sinatura manuscrita, sinatura electrónica, datos de representación).
    • Información comercial (actividades e negocios; licenzas comerciais).
    • Económicos, financeiros e de seguros (datos bancarios, datos deducións impositivas, impostos).
    • Transaccións de bens e servizos (compensacións, indemnizacións).

Destinatarios:

  • Facenda Pública e Administración Tributaria.
  • Tribunal de Contas
  •  Xulgados e Tribunais.
  • Bancos e outras entidades financeiras.

Transferencias internacionais:

  • Non están previstas.

Prazo de supresión:

  • Conservaranse durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación o previsto na normativa de arquivos e documentos.

Medidas de seguridade:

  • Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade.

Dereitos en protección de datos:

  • Para solicitar o acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e oposición do tratamento dos datos persoais, no caso de que se dean os requisitos establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, pode dirixir un escrito ao responsable do tratamento, neste caso, a Deputación de Lugo, en Rúa San Marcos, 8, 27001-Lugo, ou a través da sede electrónica da mesma (https://sede.deputacionlugo.org).

Datos de contacto do DPD:

  • dpd@deputacionlugo.org