ENTIDADE RESPONSABLE |
Deputación de Lugo |
ROL |
Responsable do Tratamento |
ÁREA(S) RESPONSABLE |
Benestar Social e Igualdade |
FINALIDADE |
Garantir a seguridade de persoas, bens e instalacións |
INTERESADOS |
Cidadáns Usuarios Persoal propio e externo que presta servizos nos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo |
CATEGORÍAS DE DATOS |
Imaxes |
BASE LEXITIMACIÓN |
RGPD: 6.1.e) Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento |
DESTINATARIOS DE COMUNICACIÓN |
Forzas e corpos de seguridade do Estado, órganos xudiciais, Ministerio Fiscal |
TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS
|
Non previstas |
PRAZO SUPRESIÓN |
Nun mes a contar desde a data da súa recollida, salvo comunicacións a Forzas e Corpos de Seguridade, ou/e Xulgados e Tribunais |
MEDIDAS DE SEGURIDADE |
Medidas técnicas e organizativas previstas polo Esquema Nacional de Seguridade |
INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE A PROTECCIÓN DOS SEUS DATOS PERSOAIS
Aos efectos previstos no “Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y el Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Reglamento General de Protección de Datos)”, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, proporciónaselle a seguinte información en relación ao tratamento dos seus datos.
RESPONSABLE DO TRATAMIENTO
A información facilitada no formulario é titularidade da DEPUTACIÓN DE LUGO, domiciliada en Rúa San Marcos, 8 – 27001 Lugo.
Para calquera información adicional pode realizar calquera consulta a través dos seguintes medios:
FINALIDADE
Na Deputación de Lugo trataremos a información que nos facilita coa finalidade de garantir a seguridade de persoas, bens e instalacións.
Non está prevista a toma de decisións automatizadas ou a elaboración de perfís.
Os datos persoais proporcionados se conservarán durante un mes a contar desde a data da súa recollida, salvo comunicacións a Forzas e Corpos de Seguridade, e/ou Xulgados e Tribunais.
En calquera momento poderá solicitar a cancelación ou supresión dos mesmos así como presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
LEXITIMACIÓN
A lexitimación do tratamento dos seus datos persoais atopa o seu fundamento no cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento (RGPD 6.1.e).
DESTINATARIOS
Forzas e Corpos de Seguridade, e/ou Xulgados e Tribunais.
Non está prevista a transferencia internacional dos datos.
DEREITOS
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se, en DEPUTACIÓN DE LUGO, estamos tratando datos persoais que lles concirnan, ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para o cumprimento das fins para os que foron recollidos e en cumprimento da lexislación vixente.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso, unicamente, se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. DEPUTACIÓN DE LUGO deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou no exercicio ou na defensa de posibles reclamacións.
Así mesmo, o interesado ten dereito a recibir os datos persoais que facilitou a DEPUTACIÓN DE LUGO nun formato estruturado, de uso común e lexible por máquina. Este último dereito quedará limitado polas seguintes excepcións: que os datos sobre os que recae este dereito foran facilitados pola persoa interesada; que os seus datos sexan tratados por DEPUTACIÓN DE LUGO de xeito automatizado (medios informáticos).