Axuda do BOP

A continuación pode ler información que lle pode ser útil para o manexo do BOP:

Para consultar o Boletín Oficial da Provincia da Deputación de Lugo pulse sobre a icona que fai de acceso directo -BOP- situada na parte superior do portal da Deputación de Lugo.

Aparecerá un menú distribuído en cinco apartados coas diferentes opcións:

  • CONSULTAS BOP:
    • Último BOP: aquí poderá consultar a ficha do último BOP. Poderá consultar datos como o número de boletín, a data de publicación e o sumario. O sumario posúe ligazóns ás páxinas nas que están publicados os distintos contidos.
    • BOP anteriores por data: aquí aparecerá unha listaxe con todos os BOP introducidos no sistema e poderá facer unha busca filtrando por ano, número de boletín ou intervalo de datas.
    • Buscar sobre o texto: aquí aparecerá unha listaxe con todos os BOP introducidos no sistema e poderá facer unha busca filtrando por contido dentro do documento pdf asociado ao BOP.
    • Verificar anuncio: aquí o cidadán que publicase un anuncio no BOP poderá consultar se este se publicou correctamente. Introducindo o código do anuncio aparecerá o BOP que o contén.
  • ANUNCIANTES
    • Acceso zona anunciantes: aquí disporá dunha ligazón á "Sede Electrónica" para acceder aos trámites para crear anuncios no BOP.
    • ¿Como publicar e pagar en liña?: aquí disporá de información para o procedemento a levar a cabo para a publicación de anuncios no BOP.
    • Sinatura dixital: aquí disporá de información sobre o certificado dixital.
  • CONTACTO
    • Enderezo e teléfonos: aquí disporá do enderezo e dos teléfonos das entidades da Deputación de Lugo relacionadas coa xestión do BOP.
    • Suxestións: aquí disporá dun correo para enviar suxestións.
  • LIGAZÓNS
    • Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG).
    • Ligazón ao Boletín Oficial do Estado (BOE).
    • Ligazón ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE).
  • INFORMACIÓN XERAL
    • ¿Que é o BOP?: aquí disporá de información sobre a entidade da Deputación de Lugo que xestiona o BOP.
    • Normativa: aquí disporá das distintas normas e leis que regulan o BOP.
    • Axuda: aquí disporá desta axuda.
    • Preguntas frecuentes: aquí disporá de preguntas frecuentes que lle poden xurdir á hora de consultar o BOP.