Menu toggle
Emprego

 

I Xornada “EMPREGO DA PROVINCIA DE LUGO”

 

 

A Provincia de Lugo está aínda saíndo da profunda crise que xerou a COVID 19 e que afectou a meirande parte de empresas e traballadores. Esta crise acelerou cambios que xa se viñan producindo coma a transformación global do sistema económico, a transición enerxética, os movementos demográficos, as novas realidades sociosanitarias, o mundo dixital….. cambios que están a modificar dun xeito directo as estruturas empresariais, sobre todo, no tipo de emprego que se está xerando e vaise xerar no futuro a corto prazo.

 

Neste contexto, é máis necesario que nunca crear un foro plural no que dar voz a diferentes puntos de vista dentro do complexas relacións laborais co fin de poder expor ás novas esixencias do mercado de traballo, as necesidades que teñen as nosas empresas e, igual de importante, ás necesidades que as persoas traballadoras, activas ou en desemprego, teñen para manter, mellorar ou acceder a un emprego.

 

Con este fin, a Sección de Promoción Económica e Emprego quere abrir unha xanela co obxecto de poder reflexionar, debater e aprender das experiencias dos activos económicos e laborais da nosa contorna, celebrando a I Xornada “EMPREGO DA PROVINCIA DE LUGO”, e terá lugar o  día 17 de novembro do 2022  no  Salón de Actos do Pazo Provincial, dende as 11:00h ata 14:00h.

 

Programa das Xornadas

 

Inscricións no seguinte enderezo electrónico ou teléfono:

Enderezo electrónico: area.emprego@deputacionlugo.org

Teléfono: 982260204

 

 

     

    Axenda emprego