PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL é unha aposta por un cambio no que vivir e traballar no rural é posible, podendo converterse nestes momentos nunha oportunidade para os mozos e mozas da provincia, e que non precisen emigrar a outra comarca ou pais, aproveitando as vantaxes dun mundo globalizado onde todo esta o alcance dun “CLICK”, ademais estase a producir unha gran transformación no mercado de traballo, desaparición de postos, robotización, novos perfís e cualificacións,...todo isto provoca unha serie de cambios sociais e culturais, que conleva a un proceso de unificación dos modos de vida, así coma das pautas de desenvolvemento da vida cotiá que levan a valorar outros aspectos que xeren calidade de vida tales como a xornadas continuas, teletraballo, redes sociais sen fronteiras, protección do medio ambiente, sen perder a competitividade, a apertura da mente e a evolución pero dende a sostenibilidade.
Este programa encádrase dentro da convocatoria efectuada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública a través do Real Recreto 1234/2018, de 5 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidos a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor población no marco do “Programa Operativo de Empleo Juvenil del Fondo Social Europeo” (Axudas EMP-POEJ) a través de catro medidas.