Menu toggle
Emprego

A Axencia de Colocación  con Nº de autorización 12/00000076, nace co fin de intentar emparellar oferta e demanda  de postos de traballo no menor tempo posible, ofrecendo ademais  os seguintes servizos:

-  Servizo de Asesoramento a empresas: 


Co fin de axustar o perfil as necesidades reais e tamén axudar na mellora da COMUNICACION entre os axentes implicados  no proceso de emparellar oferta e demanda, dando lugar a que o proceso de procura de emprego sexa mais eficaz, os técnicos da axencia de colocación ofrecen un servizo de axuda a hora de definir o perfil acorde as necesidades da empresa para lograr reducir os tempos e  custes na selección de persoal.

Pida a súa cita , no telefono 982 260 204 ou no correo agenciadecolocacion@deputacionlugo.org.


-    Servizo de Orientación Laboral

Os cidadáns que o desexen, desempregados ou se encontren en situación de mellora de emprego terán  a  posibilidade de solicitar a través deste servizo,  axuda personalizada  no proceso da procura ou mellora de emprego, asi coma  establecer un itinerario individualizado adaptado as necesidades especificas.
Pida a súa cita no telefono 982 260 204 ou no correo agenciadecolocacion@deputacionlugo.org.


-    Servizo de asesoramento o emprendemento.


Os cidadáns que teñan inquietudes encamiñadas a montar un negocio ou dar de alta unha actividade , recibirán un asesoramento individual  para comprobar as actitudes persoas necesarias dun emprendedor, valoración inicial do proxecto ,  así coma un acompañamento técnico no inicio dos proxectos empresarias, a través dos técnicos locais de emprego.

Pida a súa cita no telefono 982 260 204 ou no correo agenciadecolocacion@deputacionlugo.org.


Consulta información na páxina web da Axencia de Colocación da Deputación de Lugo:

Logo Agencia Colocacion

 

Axenda emprego