Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, presentou hoxe o programa de visitas guiadas Unha tapa de cultura

O museo do mar acollerá visitas guiadas de curta duración para todas aquelas persoas que o visiten

O responsable da área de Cultura da Deputación,Antonio Veiga, presentou hoxe, en San Cibrao – Cervo, a iniciativa Unha tapa de cultura, que pretende achegar aos visitantes do Museo do Mar unha forma diferente de coñecer o contido deste centro da rede museística. As visitas levaranse a cabo en horario de mañá, ás 12:00 e ás 13:00 horas, e pola tarde, ás 18:00 e ás 19:00 horas. As visitas serán gratuítas. Segundo palabras do responsable da área de Cultura da Deputación: “A Tapa de Cultura é cultura servida en pequenas porcións destinadas a turistas e visitantes que, en 30 minutos, poden achegarse aos contidos do museo do mar” . Antonio Veiga salientou tamén que esta iniciativa estase a realizar nos resto dos Museos da rede Museística Provincial, dentro da liña de actuacións encamiñadas a descentralización de actividades que está desenvolvendo a Área de Cultura da Deputación. Ademais, Veiga agradeceu o esforzo dos traballadores da rede museística para levar a cabo, nestes meses de verán, toda a actividade que se está a realizar. TODOS OS SÁBADOS, CONVERSAS DE MAR Ademais das visitas guiadas gratuítas a área de cultura organiza unha serie de charlas divulgativas sobre diversos aspectos relacionados co mar que terán lugar tódolos sábados ás 11:00 horas no Museo do Mar de San Cibrao – Cervo. As charlas serán guiadas por Mª Xosé Crecente. • Sábado, 9 de agosto: O Museo do Mar e a Maruxaina. • Sábado, 16 de agosto: O mar como feito diferencial galego. • Sábado, 23 de agosto: Mareas vermellas • Sábado, 9 de agosto: Navegación: embarcacións de ribeira, galeóns, etc... • Sábado, 30 de agosto: A Rosa dos Ventos, ventos domiinantes, os ventos da Mariña. • Sábado, 13 de setembro: As mareas da Mariña • Sábado, 20 de setembro: Lendas das profundidades.