A Deputación mellora en Castroverde con preto de 600.000 euros as estradas cara o polígono e O Corgo

Son a LU-P-1611, o denominado cinto comarcal, no que se levou a cabo a renovación do firme no tramo entre a LU-530 e a N-VI, en Gomeán; e a LU-P-1201, de Souto de Torres a Sobrado, na que se está a mellorar o acceso ao polígono
Campos Conde avanzou que “son dúas vías de comunicación fundamentais pois enlazan co Corgo, Baralla, núcleos rurais, e tamén co polígono industrial, e que son empregadas a diario por centos de veciños”
Arias Fernández subliñou que “son 2 das estadas máis importantes do Concello, e que dan acceso tanto a vivendas de núcleos rurais, como a explotacións. Son actuación das que se benefician centros de veciños, non só de Castroverde, senón tamén de concellos limítrofes”
O Presidente, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Castroverde, José María Arias Fernández, supervisaron este martes os traballos de mellora de estradas provinciais que discorren por este municipio e que financia o Goberno da Deputación cuns 600.000 euros. Son a LU-P-1611 e a LU-P-1201, dúas das principais vías de comunicación deste Concello. Estanse a arranxar 7,2 quilómetros, concretamente os treitos que unen o núcleo urbano co polígono castroverdense e co Concello do Corgo.
Campos Conde avanzou que “trátanse de dúas vías de comunicación fundamentais para os veciños de Castroverde, pois a LU-P-1611 enlaza cos Concellos o Corgo, así como con 5 núcleos rurais, sendo utilizada a diario por centos de usuarios para realizar os seus desprazamentos. Mentres que a LU-P-1201 conecta co polígono industrial, polo que con estas obras pretendemos mellorar o acceso, para facilitar que máis empresas se interesen por asentarse neste enclave para emprender proxectos e xerar novos empregos”.
Pola súa parte, Arias Fernández subliñou que “son dúas das estadas máis importantes do Concello, e que dan acceso tanto a vivendas de núcleos rurais, como a explotacións. Son actuación das que se benefician centros de veciños, non só do Concello de Castroverde, senón tamén dos limítrofes”.
Na LU-P-1611, o denominado cinto comarcal, actuouse en 5 quilómetros que discorren entre a LU-530 e a N-VI ata o límite con Gomeán, no Corgo. Trátanse dos treitos comprendidos entre os puntos quilométrico 118,7 ao 120,8 e do 121,4 ao 124,3. Estes traballos, xa rematados, contan cunha achega do Executivo Provincial de 235.700 euros. Trátase dunha vía de comunicación fundamental para a zona pois ademais de ser o principal acceso á A-6, conecta os núcleos rurais de Cubelas, Pereirama, Monte, Espasande e Goi.
Na LU-P-1201, de Souto de Torres a Sobrado, estase a arranxar o acceso ao polígono industrial. É un treito de 2,2 quilómetros. O investimento nestas actuacións acada os 350.000 euros. Os traballos, que están aínda en execución, beneficiarán a centos de veciños pois esta estrada comunica o concello de Castroverde co Corgo e Baralla.