FINALIDADE DO PROGRAMA
A finalidade deste programa é a de contribuír a mellora da empregabilidade mediante a formación a través da Medida 8.2.3.1, “ GENERATE TU EMPLEO EN EL RURAL” consistindo na financiación dos custos directos de formación en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma de formación especifica en materias de sectores concretos: hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por considerarse estes sectores emerxentes e de gran potencialidade na nosa provincia.
DESTINATARIOS
Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:
FORMA E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
Presentación Telemática. A través da sede electrónica.
As solicitudes de adhesión presentaranse preferentemente de maneira telemática na sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org.
O/a solicitante deberá identificarse a través dun certificado dixital dos recoñecidos na Lei 59/2003 de sinatura dixital. No caso de presentar a solicitude a través de representante deberase utilizar o certificado dixital da persoa que conste como tal na solicitude. O mesmo certificado utilizado para a identificación utilizarase para o proceso de presentación e sinatura dixital da solicitude.
Non se admitirá máis dunha solicitude por mozo ou moza, en caso de aconteza tal circunstancia a segunda instancia quedará invalida, na cal deberá establecer a orde de prelación nas actividades de formación nas que desexe participar, non sendo necesario elixilas todas, esta elección será atendo a gustos e preferencias baseadas nas características persoais de cada participante.
Presentación en papel.
Descargando a documentación adxunta, cumprimentándoa e presentándoa no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN - PECHADO
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións:
Inicio do prazo: 17/12/2019
Fin do prazo: 09/01/2020 - Ampliación de prazo ata o 20/01/2020
DOCUMENTACIÓN