Deputación de Lugo

O Presidente convoca un Pleno extraordinario o día 20 para a aprobación do Plan Único 2020

José Tomé Roca
plan único
Imaxe deputación de lugo

Os fondos do programa de cooperación cos Concellos increméntase ata os 21,3M€ e distribuirase entre os 67 municipios da provincia con criterios obxectivos, como son a superficie, poboación, índice de envellecemento e a dispersión territorial

Cada municipio deberá destinar a investimentos, como mínimo, a metade do importe da achega que fai a institución provincial e desa cantidade o 60% deberá ser destinado ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais

O Presidente decidiu convocar para o vindeiro venres, día 20, un Pleno extraordinario para o debate e aprobación do Plan Único 2020, que se incrementa ata os 21,3M€. O programa de cooperación cos Concellos distribuirase entre os 67 municipios da provincia coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos máis de 300.000 lucenses.

Cada municipio deberá destinar, como mínimo, a metade do importe da achega que fai a Deputación a investimentos: obras de mellora ou dotación de novos servizos públicos, como instalacións deportivas, culturais, educativas, áreas recreativas, traídas de auga, saneamentos, adquisición de colectores de lixo ou maquinaria. O 60% desa cantidade deberá ser destinado ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais.

Os fondos distribuiranse entre todos os municipios en base a criterios obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais de 2019.

Relación das achegas por Concello

 

CONCELLOS

ACHEGA PLAN ÚNICO 2020

ABADIN

335.452,02 €

ALFOZ

271.839,06 €

ANTAS DE ULLA

273.253,05 €

BALEIRA

275.204,38 €

BARALLA

291.159,27 €

BARREIROS

273.826,94 €

BECERREA

301.049,68 €

BEGONTE

296.519,57 €

BOVEDA

244.541,56 €

BURELA

371.358,11 €

CARBALLEDO

313.346,75 €

CASTRO DE REI

389.115,87 €

CASTROVERDE

300.901,96 €

CERVANTES

317.983,83 €

CERVO

292.572,38 €

CORGO (O)

336.440,43 €

COSPEITO

360.134,92 €

CHANTADA

463.855,35 €

FOLGOSO DO COUREL

267.217,14 €

FONSAGRADA (A)

436.394,76 €

FOZ

420.355,18 €

FRIOL

407.438,43 €

GUITIRIZ

439.625,65 €

GUNTIN

313.652,58 €

INCIO (O)

288.203,48 €

LANCARA

295.006,95 €

LOURENZA

251.163,40 €

LUGO

500.000,00 €

MEIRA

221.916,78 €

MONDOÑEDO

306.623,32 €

MONFORTE DE LEMOS

500.000,00 €

MONTERROSO

302.947,57 €

MURAS

286.381,48 €

NAVIA DE SUARNA

309.783,73 €

NEGUEIRA DE MUÑIZ

192.395,10 €

NOGAIS (AS)

240.611,11 €

OUROL

303.762,13 €

OUTEIRO DE REI

353.004,86 €

PALAS DE REI

373.843,01 €

PANTON

329.043,94 €

PARADELA

284.985,36 €

PARAMO (O)

244.384,06 €

PASTORIZA (A)

323.175,96 €

PEDRAFITA DO CEBREIRO

254.867,75 €

POBRA DO BROLLON (A)

284.043,90 €

POL

267.691,15 €

PONTENOVA (A)

272.263,66 €

PORTOMARIN

263.550,93 €

QUIROGA

347.458,38 €

RABADE

194.670,07 €

RIBADEO

440.481,17 €

RIBAS DE SIL

228.254,99 €

RIBEIRA DE PIQUIN

230.974,79 €

RIOTORTO

237.414,12 €

SAMOS

278.735,45 €

SARRIA

500.000,00 €

SAVIÑAO (O)

379.340,83 €

SOBER

321.753,18 €

TABOADA

325.838,30 €

TRABADA

248.758,94 €

TRIACASTELA

201.359,85 €

VALADOURO (O)

286.020,65 €

VICEDO (O)

254.212,15 €

VILALBA

500.000,00 €

VIVEIRO

500.000,00 €

XERMADE

306.454,43 €

XOVE

275.384,20 €

TOTAL

21.300.000,00 €