FINALIDADE E OBXECTIVO
As medidas agrúpanse en dúas tipoloxías :
1) FOMENTO DA EMPREGABILIDADE
Recollido na Medida 8.2.4.2 “GENTE JOVEN EN EL RURAL” a través da que se persegue contribuír a mellora da empregabilidade dos mozos e mozas do medio rural mediante a concesión de 30 bolsas de axudas económicas a persoas físicas ou xurídicas, afincados nos concellos relacionados no Anexo I, para a contratación por conta allea, financiando os custos salariais do 50% do SMI vixente durante 12 meses para a contratación dun mozo/a inscrito no sistema de garantía xuvenil.
O obxectivo principal e que os mozos inicien a súa vida profesional sen necesidade de cambiar a núcleos de poboación mais grandes, incentivando a contratación por conta allea, establecendo unha convocatoria para seleccionar a personas fisicas ou xuridicas participantes cuxos centros de traballo estean situados nalgún dos concellos participantes relacionados no Anexo I e cuxa actividade se atope entre hostalaría e turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medio ambiente, por ser consideradas as de maior oportunidade de crecemento na provincia de Lugo.
2) FOMENTO DA CULTURA EMPRENDEDORA
Recolle a Medida 8.2.3.3 “TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL” e a Medida 8.2.3.4 “ TU EMPLEO EN EL RURAL” aumentar o emprendemento das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación como vía de acceso ao mercado laboral a través de 4 bolsas ( 2 para cada medida) de axudas económicas para a alta da actividade económica segundo algunha das modalidades previstas e que se atopen situadas nalgún dos concellos relacionados no Anexo I. Dúas bolsas de axudas por cada medida, sendo a contía o 75% do SMI vixente durante 12 meses.
O obxectivo principal e fomentar a inciativa empresarial entre os mozos, establecendo unha convocatoria para seleccionar aquelas persoas que desexen darse de alta como traballador autónomo (de forma individual ou como persoa xurídica) ou se establezan como socio traballador en empresas de economía social (cooperativas, sociedades laborais, etc) nalgún dos concellos recollidos no Anexo I.
DESTINATARIOS
Medida 8.2.4.2 “GENTE JOVEN EN EL RURAL”
Dirixida a persoas físicas ou xurídicas da provincia de Lugo cuxo centro de traballo se atope situado nalgún municipio do ámbito de actuación detallado no Anexo I desta convocatoria, que teñan unha necesidade de contratación e que desexen incluír no seu cadro de persoal un mozo inscrito no sistema de garantía xuvenil que resida nun territorio rural.
As persoas físicas ou xurídicas participantes deberán formalizar un contrato indefinido cun mozo/a inscrito no sistema de garantía xuvenil.
Poderase admitir o teletraballo como formula para exercer a actividade ou a existencia dun centro de traballo itinerante a condición de que o mozo/a contratado se comprometa a residir nun dos concellos participantes.
Medida 8.2.3.3 “TU EMPLEO SOCIAL EN EL RURAL” e Medida 8.2.3.4 “ TU EMPLEO EN EL RURAL”
Ambas medidas están dirixidas a aqueles mozos inscritos no sistema de garantía xuvenil, que desexen emprender dándose de alta como traballador autónomo (de forma individual ou como persoa xurídica) ou ben establecéndose como socio traballador en empresas de economía social (cooperativas, sociedades laborais, etc), exercendo a súa actividade nalgún dos concellos relacionados no Anexo I (recollido nesta convocatoria).
FORMA DE PRESENTACIÓN
Co fin de incentivar a utilización de medios electrónicos e no marco dos principios da Lei 39/2015, de 1 de outubro , do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de adhesión presentaranse de forma telemática a través da sede electrónica: http://sede.deputacionlugo.org ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN
Aberto un novo prazo de presentación de instancias de forma interrompida ata o 30 de setembro de 2021 ou esgotar as bolsas de axuda ofertadas das seguintes Medidas:
Medida 8.2.4.2 “GENTE JOVEN EN EL RURAL” con 18 prazas dispoñibles para contratación.
Medida 8.2.3.4 “ TU EMPLEO EN EL RURAL” con 2 prazas dispoñibles para altas coma socios en empresas de economía social.
Inicio do prazo: 28/04/2021
DOCUMENTACIÓN