Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación impulsa o Festival 17º Ribeira Sacra cunha achega de 18.000 euros

turismo
Deputación de Lugo
17º Ribeira Sacra
A quinta edición desta cita musical celébrase esta fin de semana, de venres a domingo, en diferentes escenarios da Ribeira Sacra favorecendo un turismo de calidade e sostible

“Eventos como este dinamizan vida social e da actividade económica da provincia e que contribúen á recuperación dos sectores máis afectados pola crise sanitaria”, subliñou a Deputada de Turismo, Pilar García Porto

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o director do Festival 17º Ribeira Sacra, Carlos Montilla, presentaron este luns na Sala de Xunta do Pazo de San Marcos a quinta edición desta cita musical, cultural e gastronómica, que terá lugar esta fin de semana, entre o venres e o domingo, en diferentes escenarios da zona sur da provincia, como o catamarán da institución provincial polo Canón do Sil. A Deputación de Lugo colabora co evento cunha achega económica de 18.000€, ademais de poñer a disposición o servizo de catamaráns pola Ribeira Sacra no embarcadoiro de Ponte do Sil, en Monforte de Lemos, celebrándose concertos neste espazo.

Pilar García Porto destacou que este festival “é un referente no panorama musical que achega á provincia artistas de renome. Ademais dinamiza a vida social e a actividade económica da provincia, e, polo tanto, no actual contexto de crise provocada pola pandemia, contribúe á recuperación dos sectores máis afectados polas restricións da Covid, como son o turismo e a hostalería”. 

Ademais, destacou a Deputada, este evento musical e cultural promove o turismo non masificado, de proximidade e sostible polo que aposta a institución provincial e “permitindo gozar ao aire libre de música e gastronomía, ademais de paisaxes sorprendentes como as ladeiras dos ríos Miño e Sil”. 

A responsable da Área de Promoción do Territorio e Turismo destacou que a maneira “máis eficaz de traballar na saída desta complexa situación é facelo dende as administracións públicas conxuntamente co propio tecido produtivo e co tecido social, unindo esforzos, como estamos facendo dende a Deputación coa organización do Festival 17º, pero tamén con iniciativas propias, como os Bonos Impulso, as Actividades Fluviais ou os programas Coñece a túa Provincia e Saborea a túa Provincia”.

Como nas pasadas edicións, o Festival ofrécelle ao público unha experiencia única combinando música e actividades en escenarios emblemáticos e enclaves naturais da contorna da Ribeira Sacra. 

Programación

Venres, 16 de xullo:
- Escenario Momentos Alhambra no Miradoiro de Santiorxo
    • Ás 17:30 horas: Auto Sacramental 
    • ÁS 18.30 horas: Dani
- Escenario Deputación de Lugo no Catamarán Ponte do Sil
    • Ás 18:00 horas: Concerto Sorpresa Alhambra
- Reitoral de Gundivós
    • Ás 18:00 horas: Showcoocking Alhambra e Patrimonio
- Escenario Fest Galicia nas Bodegas Regina Viarum
    • Ás 19.00 horas: Apertura da zona gastro
    • Ás 20:00 horas: Cata a cegas
    • Ás 21:30 horas: Silvana Estrada
    • Ás 23:00 horas: Depedro
    • Ás 00:30 horas: Ángel Carmona DJ

Sábado, 17 de xullo:
- Ruta Natureza
    • Ás 10:00 horas: Ruta Miradoiro Pena do Castelo
- Escenario Deputación de Lugo no Catamarán Ponte do Sil
    • Ás 12:00 horas: Ángel Carmona e Dani
- Eurostars Pazo de Sober
    • Ás 13:30 horas: Alberto&García
    • Ás 15:00 horas: Rapariga DJ e cata inmersiva musical
- Escenario Momentos Alhambra no Miradoiro de Santiorxo
    • Ás 17:30 horas: Terrier
    • ÁS 18.30 horas: Ian Kay
- Escenario Fest Galicia nas Bodegas Regina Viarum
    • Ás 21:30 horas: The Excitements
    • Ás 23:00 horas: The Gift
    • Ás 00:30 horas: Bronquio

Domingo, 18 de xullo:
- Chantada
    • Ás 12:30 horas: Sofía Comas
    • Ás 13:30 horas: Budiño&Novoa
- Vía Romana
    • Ás 15:00 horas: Concerto Especial de Clausura de Ale e Isaac Pedrouzo DJ e cata marinada Galicia Calidade