Deputación de Lugo
Turismo

A Ribeira Sacra e A Mariña, protagonistas nas viaxes do programa Coñece a túa provincia

Deputación de Lugo
Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo, a través do programa Coñece a túa provincia, continúa amosando o patrimonio lucense ás asociacións da provincia de Lugo. Este mércores foi a quenda da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, que foron recibidos no Pazo de San Marcos polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, para continuar a viaxe cara Sober, onde coñeceron a viticultura e realizaron un percorrido no catamarán da Deputación de Lugo polo río Sil. Por outra banda, a asociación de veciños de Castro de Cuíñas, da Fonsagrada, visitaron o Mazo de Santa Comba, acompañados da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e continuaron a viaxe pola Mariña, coñecendo a fábrica de Sargadelos, o paseo dos Namorados e a vila de San Cibrao, onde pararon a visitar o Museo Provincial do Mar. As viaxes realízanse en días laborables de martes a venres ata o 10 de novembro e beneficiaranse 62 agrupacións. 

Coñece a túa provincia