O Presidente da Deputación de Lugo participa no Día da Subdelegación de Defensa
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2021-10/141021%20D%C3%ADa%20Subdelegaci%C3%B3n%20de%20Defensa.jpg)
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves no Día da Subdelegación de Defensa, cuxa celebración se recuperou tras ser suspendida o pasado ano debido á pandemia. O acto institucional estivo presidido polo Subdelegado de Defensa da provincia de Lugo, o capitán de navío Fernando Brinquis Crespo. Na cita, que tivo lugar na sede da Subdelegación en Lugo, deuse lectura ao Decreto de creación da Subdelegación e ao artigo 75 das Reais Ordenanzas das Forzas Armadas antes da entrega das condecoracións.