Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Mocidade colabora co Máster de Futbolín de Rábade, que arranca este xoves

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
mocidade
Mónica Freire
MÁSTER NACIONAL DE FUTBOLÍN
Rábade
BÓLA MEIGA

Mocidade da Deputación de Lugo colabora con Bóla Meiga na organización do Máster Nacional de Futbolín, que se celebrará do xoves ao sábado en Rábade. Despois da interrupción motivada pola pandemia, a área dirixida por Mónica Freire retomou o apoio ao colectivo rabadense, que última os preparativos do evento, con máis de 500 persoas inscritas a dous días para que se peche a inscrición -mércores, ás 14.00 horas-

A deputada sinalou que “o apoio a esta iniciativa se encadra na colaboración que desde a área de Mocidade mantemos co tecido asociativo, facilitando que colectivos como neste caso Bóla Meiga lle dean continuidade a un torneo con máis de dúas décadas de traxectoria, que   ten unha gran repercusión social, mobilizando especialmente á mocidade,  e que xenera tamén unha importante actividade económica no concello”.

O torneo comeza o xoves coa disputa da modalidade de parellas cegas, e continuará venres e sábado, coas modalidades en parado, feminina e en movemento. O prato forte, as finais, serán o sábado ás 21.00 horas. A organización repartirá 10.000 euros en premios.