Cultura
Deputación de Lugo

O PalillAD, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación, reuniu unhas 300 palilleiras na Praza de Abastos de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
PalillAD
ENCAIXE

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro achegouse este mediodía á Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, un encontro ao redor do encaixe de palillos organizado polo Centro de Artesanía e Deseño e a Asociación Agulla Máxica, que reuniu unhas 300 palilleiras na Praza de Abastos de Lugo.

A propia celebración do evento, tras o parón da pandemia, animou a participación de colectivos de palilleiras de toda Galiza, desede distintas localidades das comarcas de Lugo, Sarria, A Mariña ou a Ribeira Sacra, ata Betanzos, Mos, Vigo,  Ponteareares, Vilanova, Valga, Cambados, Valdoviño, Oleiros, Arteixo, Ourense ou Porto do Son.

Maite Ferreiro, que estivo acompañada por Felipe Rivas e Cristina López, saudou a celebración en Lugo deste encontro, que contribúe "a continuidade e a posta en valor do encaixe, unha técnica tradicional que se está en abrindo novos camiños no mundo do deseño, da moda ou da decoración"