Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Deputación participa na presentación do libro Mar gremial das rías de Viveiro e do Barqueiro

Viveiro

A Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou esta tarde na presentación do libro Mar gremial das rías de Viveiro e do Barqueiro, de Vicente Míguez que tivo lugar na Sala Multiusos do Concello mariñán. Loureiro destacou o valor desta publicación “rigorosa, chea de datos e de información, cargada de emoción e, tamén, de amor polo mar e polas súas xentes”. 

Destacou que, dende a institución provincial, “imos seguir, colaborando co sector pesqueiro, coas confrarías, e respaldando as súas demandas e reivindicacións. Porque a historia, o presente e o futuro de Viveiro, da nosa comarca da Mariña e da provincia de Lugo non se poden entender nunca de costas ó mar”. Durante o acto tamén se proxectou o documental sobre o patrón e armador de Celeiro, Paco Alonso, elaborado polo Servizo de Audiovisuais da Deputación.