Deputación de Lugo

A Deputación súmase en Lugo ao minuto de silencio en lembranza das vítimas dos sinistros de tráfico

minuto de silencio
GUARDIA CIVIL
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, asistiu este luns aos actos conmemorativos celebrados diante da Xefatura de Provincial de Tráfico, que consistiron na lectura dun manifesto, e un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas en accidentes de circulación

A Deputación de Lugo sumouse este luns aos actos celebrados en Lugo diante da  Xefatura Provincial de Tráfico, en conmemoración do Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou na lectura do manifesto, e seguidamente no minuto de silencio que se gardou en lembranza das vítimas, que este ano suman xa 18 persoas falecidas en sinistros nas estradas e vías urbanas da provincia. 

Xunto ao Deputado provincial, estivo tamén neste acto organizado pola Dirección Xeral de Tráfico, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, o tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Miguel Fernández; o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez; o xefe territorial de Presidencia da Xunta, Gerardo Criado, e representantes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local de Lugo, así como persoal da DXT e de asociacións e colectivos sociais.

O Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico foi instaurado polas Nacións Unidas en 2005 e cada ano adopta un lema ou peculiaridade sobre a que centra a súa conmemoración. Neste ano 2022, neste día ponse o foco no recordo ás vítimas, no compromiso de traballar xuntos por unha seguridade viaria humana construída sobre o principio da protección das persoas, e nas diferentes estratexias a seguir para que ningunha persoa perda a vida ou resulte ferida nas estradas.