Cooperación concellos
Deputación de Lugo
Economía
Emprego

O Goberno levará ao Pleno do día 27 a aprobación das bases do Plan Único 2023, que ascende a 21,5M€

PLAN UNICO
Pleno
Imaxe deputación de lugo
Por terceiro ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o programa de investimentos no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite aos Concellos planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos

Para facilitar a tramitación administrativa, algo moi importante sobre todo para os concellos máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios

A Deputación fai a través do Plan Único unha distribución dos recursos públicos entre os 67 concellos da provincia con criterios públicos e obxectivos, como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial

O Goberno da Deputación de Lugo anuncia que elevará ao Pleno ordinario deste mes, que terá lugar o vindeiro martes, 27 de decembro, o debate e aprobación das bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2023, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil.  

Desta forma, por terceiro ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o programa de investimentos no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan poden aproveitar mellor os fondos.

Ao aprobarse neste mes as bases do Plan Único, o Goberno da Deputación prevé que no mes de xaneiro xa se poida abrir o prazo para que os concellos presenten os proxectos que queren desenvolver cos fondos do Plan Único.

Como xa se puxo en marcha na anualidade anterior e para facilitar a tramitación administrativa, algo moi importante sobre todo para os concellos máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, explica que esta medida “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano tratamos de incorporar melloras no Plan Único, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas. Así se vén facendo nos últimos anos”, subliña o mandatario provincial.

Reparto por criterios públicos e obxectivos
O Plan Único 2023 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística. 

Estes criterios establecen unha contía máxima de 500.000 e mínima de 200.000€, coa que se blinda o financiamento dos concellos máis pequenos.

 

Distribución dos fondos por concello
CONCELLOS ACHEGA PLAN ÚNICO 2023
ABADÍN 335.804,54 €
ALFOZ 273.995,35 €
ANTAS DE ULLA 272.747,76 €
BALEIRA 276.296,87 €
BARALLA 292.976,43 €
BARREIROS 277.119,97 €
BECERREÁ 303.574,24 €
BEGONTE 295.784,17 €
BÓVEDA 246.364,71 €
BURELA 376.038,17 €
CARBALLEDO 318.711,89 €
CASTRO DE REI 396.587,67 €
CASTROVERDE 305.619,12 €
CERVANTES 332.703,36 €
CERVO 297.110,59 €
CORGO (O) 341.315,93 €
COSPEITO 362.931,93 €
CHANTADA 471.759,24 €
FOLGOSO DO COUREL 269.630,00 €
FONSAGRADA (A) 443.922,66 €
FOZ 432.221,54 €
FRIOL 413.142,08 €
GUITIRIZ 446.412,53 €
GUNTÍN 317.600,92 €
INCIO (O) 287.396,58 €
LÁNCARA 297.420,04 €
LOURENZÁ 252.600,77 €
LUGO 500.000,00 €
MEIRA 224.374,74 €
MONDOÑEDO 308.807,58 €
MONFORTE DE LEMOS 500.000,00 €
MONTERROSO 306.088,41 €
MURAS 283.030,44 €
NAVIA DE SUARNA 304.484,51 €
NEGUEIRA DE MUÑIZ 193.974,69 €
NOGAIS (AS) 246.667,94 €
OUROL 304.070,74 €
OUTEIRO DE REI 360.200,15 €
PALAS DE REI 377.924,56 €
PANTÓN 329.913,00 €
PARADELA 289.369,51 €
PÁRAMO (O) 246.385,30 €
PASTORIZA (A) 326.549,81 €
PEDRAFITA DO CEBREIRO 252.918,67 €
POBRA DO BROLLÓN 283.149,94 €
POL 268.747,28 €
PONTENOVA (A) 273.711,58 €
PORTOMARÍN 264.502,12 €
QUIROGA 351.081,93 €
RÁBADE 196.033,06 €
RIBADEO 452.223,53 €
RIBAS DE SIL 230.437,41 €
RIBEIRA DE PIQUÍN 234.656,94 €
RIOTORTO 237.923,98 €
SAMOS 284.719,95 €
SARRIA 500.000,00 €
SAVIÑAO (O) 383.437,48 €
SOBER 323.018,19 €
TABOADA 327.407,74 €
TRABADA 255.673,49 €
TRIACASTELA 204.770,70 €
VALADOURO (O) 288.076,16 €
VICEDO (O) 258.254,82 €
VILALBA 500.000,00 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XERMADE 308.384,47 €
XOVE 281.240,12 €
TOTAL 21.500.000€