Deputación de Lugo

A Corporación garda un minuto de silencio no Pleno en recordo das persoas falecidas no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade

A Corporación da Deputación de Lugo, a proposta do Presidente, José Tomé Roca, gardou este martes un minuto de silencio ao inicio do Pleno en recordo das persoas falecidas no terrible accidente de autobús ocorrido en Cerdedo-Cotobade o 24 de decembro. O Presidente lamentou esta traxedia e trasladou unha mensaxe de pésame, de afecto e de solidariedade ás familias, amizades e persoas achegadas ás sete vítimas e aos dous superviventes no sinistro.