Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación arranca as obras de reparación da ponte de Maceda, danada polo temporal de choivas

Ponte Maceda
A institución provincial destina 40.000€ ao acondicionamento da vía, que foi pechada ao tráfico tras un corremento de terras polas fortes precipitacións do Nadal

A Deputación de Lugo arrancou este xoves as obras de reparación da estrada provincial LU-P-1611 á altura da ponte de Maceda, no concello do Corgo, unha vía que foi cortada ao tráfico nun treito de un quilómetro –entre o 7,7 e o 8,7- tras un corremento de terras debido ao temporal de choivas do pasado Nadal. 

A institución provincial destina un orzamento aproximado de 40.000€ para o arranxo da estrada, que acomete pola vía de emerxencia, o que reduce o prazo de execución a menos de un mes, co fin de poñela en servizo para a veciñanza no menor tempo posible.

As obras consisten na reposición da calzada tras o afundimento do arco metálico da ponte, unas actuacións que realiza o Grupo Bascuas 2008 SL, que se encarga precisamente da conservación das estradas da Deputación situadas nesta zona da provincia.

Este cinto comarcal rodea á capital lucense e atravesa os concellos de Begonte, Friol, O Corgo, Guntín, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito e Outeiro de Rei. Trátase dunha estrada moi empregada polos veciños e veciñas da provincia.