Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Veljko Mrsic repasou a súa traxectoria deportiva nunha conferencia no Pazo de San Marcos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACÍON LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
CB Breogán
VELJKO MRSIC

Veljko Mrsic repasou a súa traxectoria vital e deportiva nunha conferencia coloquio celebrada ese martes no Pazo de San Marcos.

O técnico do CB  Breogán relatou de forma distendida vivencias nos distintos equipos polos que pasou como xogador ou adestrador, afondando na súa paixón inicial polo Split, no seu crecemento como xogador no Cibona de Zagreb ou no seu paso polo Pallacanestro Varese. Sinalou Zadar (Croacia), Varese (Italia) e Lugo como as cidades nas que observou unha maior paixón polo baloncesto. E lembrou como a guerra dos Balcáns atravesou o baloncesto nos primeiros anos noventa.

Durante o acto, proxectáronse imaxes do seu último encontro contra o CB Breogán no Pazo, como xogador do Unicaja de Málaga (2001-2002) e recibiu unha reprodución da acta, na que figuran as súas estatísticas.

O deputado de Deportes Efrén Castro agradeceu a disposición e naturalidade do adestrador croata para participar no acto, que amosou a simpatía da que goza entre a afeccion breoganista.

A conferencia organizouse no marco do contrato de patrocinio entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o CB Breogán que,  ademais de supoñer o principal apoio institucional do club, implica a participación de xogadores e persoal técnico do club na en diferentes actividades do ámbito social, formativo ou cultural.