Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación colabora cos actos en homenaxe ao laurentino Fernández del Riego polo Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas
Lourenzá
Francisco Fernández del Riego

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na Cidade da Cultura de Santiago no acto de presentación do programa do Día das Letras Galegas 2023, que chega á 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego, natural de Lourenzá. 

A Deputación de Lugo colaborará co Concello de Lourenzá para a posta en marcha dun completo programa que inclúe no seu conxunto máis dun cento de actividades e accións que servirán para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do homenaxeado. As iniciativas desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o 17 de maio.