Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Sergio Vallejo falará da súa experiencia no Dakar o vindeiro martes no Pazo de San Marcos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
SERGIO VALLEJO
Rally Dakar


A Vicepresidencia da Deputación, que patrocinou a súa participación no rally, organiza o acto, ás 20.00 horas e con entrada libre

Sergio Vallejo falará da súa experiencia no Rally Dakar o vindeiro martes 7 de marzo no Pazo de San Marcos. A Vicepresidencia da Deputación organiza unha charla coloquio na que o piloto meirego compartirá co público vivencias e reflexións sobre a súa participación no rally máis duro do mundo.

O deputado de Deportes Efrén Castro convidou a todas as persoas afeccionadas ao automobilismo a achegarse ao acto e coñecer de primeira man e polo miúdo a valoración que Sergio Vallejo fai da súa experiencia no Dakar, un fito na súa carreira deportiva pero tamén para o deporte lucense”.

O acto celebrarase no Salón de Actos ás 20.00 horas, con entrada libre ata completar a capacidade do auditorio. Durante a tarde, o Century CR6 co que competiu estará exposto na Praza de San Marcos.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocinou o proxecto deportivo do “lobo de Meira” que,  despois de máis de tres décadas de exitosa traxectoria no rally de asfalto, participou este ano por primeira vez no Dakar, co lucense Mario G. Tomé como copiloto.