Deputación de Lugo

Cen escolares do colexio A Inmaculada-Maristas de Lugo coñecen a Deputación cunha visita a San Marcos

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do coñecemento, Ana González Abelleira, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos a cen escolares de terceiro e cuarto de Primaria do colexio A Inmaculada-Maristas de Lugo. No encontro visitaron as instalacións da Deputación de Lugo e González Abelleira explicoulles o papel que xoga a institución provincial no día a día dos cidadáns. O alumnado recibiu como agasallo pola súa visita o libro Colorea a túa provincia, co que percorren os concellos de Lugo a través do seu patrimonio, así como unha mochila e unha gorra.