Deputación de Lugo

A Deputación arranca o luns as obras de reconstrución da estrada provincial de San Clodio ao límite con Ourense

Ribas de Sil
Imaxe deputación de lugo
A institución provincial acomete polo procedemento de emerxencia uns traballos aos que destina 86.600€ e que consisten na construción dun muro para soster a plataforma da vía e evitar novos desprendementos á altura do quilómetro 2,350

Para acometer estas obras, a LU-P-5303 permanecerá cortada ao tráfico a partir do vindeiro luns e durante un prazo estimado dun mes e medio no treito que vai dende o inicio da estrada ao punto quilométrico 3

A Deputación de Lugo arrancará o vindeiro luns, 6 de marzo, as obras necesarias para a reconstrución da estrada provincial LU-P-5303, de San Clodio ao límite provincial de Ourense por Torbeo, á altura de Ribas de Sil, unha vía que resultou parcialmente afundida por unha rotura do terraplén no punto quilométrico 2,350.

A institución acomete polo procedemento de emerxencia uns traballos aos que destina 86.600€ e que consisten na construción dun muro para soster a plataforma da estrada e evitar novos desprendementos.

Para acometer estas obras, a vía permanecerá cortada ao tráfico a partir do vindeiro luns e durante un prazo estimado dun mes e medio no treito que vai dende o inicio da estrada ao punto quilométrico 3.

Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias poidan tomar desvíos alternativos. 

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, considera “lamentable que o Partido Popular intente anotarse tantos reclamando hoxe estas obras, cando, despois de todo o traballo feito pola Deputación, arrancarán as actuacións o vindeiro luns”. García Porto pide ao PP que “abandone o oportunismo, que roza o ridículo, e traballe realmente polos intereses da provincia”.