Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia a Alcer no seu traballo de apoio e atención ás persoas con enfermidades renais

ALCER

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, achegáronse este xoves á mesa de cuestación que Alcer Lugo instalou na Praza de San Marcos. Tomé Roca trasladoulle aos representantes do colectivo o apoio da institución provincial ao seu traballo e puxo en valor o seu labor, que leva 40 anos na provincia de Lugo e que na actualidade conta con preto de 400 socios. A Deputación mantén unha colaboración económica anual coa asociación para apoiar o seu labor de atención ás persoas con enfermidades renais.