Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación participa na andaina organizada en Lugo con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down

Down Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este martes na andaina organizada por Down Lugo con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down. A Deputación de Lugo colabora activamente con esta entidade, á que achega 12.000€ para o funcionamento dun programa que fomenta a independencia dos usuarios e usuarias en vivendas comunitarias. Ademais, recentemente a institución provincial colaborou co proxecto Troya, que ten como finalidade mellorar a empregabilidade deste colectivo, e traballar de forma transversal noutros obxectivos, como a mellora da súa autonomía, e de habilidades sociais e coas novas tecnoloxías. O Pazo de San Marcos foi iluminado de azul e amarelo o luns e hoxe, martes, para concienciar á veciñanza desta condición xenética e da necesidade de eliminar os seus estigmas.