Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora co CB Breogán e ADOS nunha campaña para promover a doazón de sangue e órganos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
CB Breogán
PARTIDO SOLIDARIO
DOAZÓN

O CB Breogán dedicará o partido do sábadoante Joventut (18.00 horas) a sensibilizar sobre a necesidade da doazón de sangue e órganos.

As redes sociais do club e os soportes publicitarios do Pazo dos Deportes recordarán durante a fin de semana a importancia deste acto altruísta que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas, tal como recordaron na presentación desta iniciativa o deputado de Deportes, Efrén Castro, a directora da Axencia Galega de Doazón (ADOS), Marisa López, e o director xeral do CB Breogán, Tito Díaz, que colaboran nesta campaña.

Co obxectivo de promover unha conciencia proclive á doazón, este venres o segundo adestrador do CB Breogán Javi L. Muñoz,  o fisioterapeuta do club Pablo Duarte e Efrén Castro doaron sangue na Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ubicada durante a xornada na Praza Maior de Lugo.

Ademais, as primeiras persoas que se achegaron á Unidade Móbil recibiron entradas para asistir ao encontro deste sábado no Pazo.