Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación apoia a labor formativa e dinamizadora da asociación As Cavarcas, do Incio

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
AS CAVARCAS
O Incio
soutos
micoloxía

Medio Rural da Deputación de Lugo e a asociación As Cavarcas do Incio desenvolverán ao longo do ano un programa formativo centrado no aproveitamento produtivo do monte e na conservación do patrimonio.

A área dirixida por Mónica Freire e ocolectivo do Incio asinaron un convenio para levar adiante este proxecto, que inclúe seis xornadas.  Os coidados de soutros tradicionais, a introdución de cultivos arbóreos como as oliveiras, a micoloxía, a afectación dos plásticos agrícolas ao entorno rural, a pegada do Camiño no Val do Mao ou a reparación de apeiros de labranza son algúns dos temas que se abordarán no marco do programa, que dá continuidade á labor dinamizadora da Asociación As Cavarcas.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire valorou “a iniciativa das persoas que puxeron en marcha a asociación fai apenas dous anos para fortalecer o tecido social do Incio e contribuír á recuperación e conservación do patrimonio natural e cultural do concello e do interior da provincia”. Medio Rural da Deputación achegará 3.000 euros para a organización destas actividades.