Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación colabora co curso "Funcións do veterinario de explotacións" , que comezou o venres na sede do Colexio Profesional de Veterinarios

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
COLEXIO PROFESIONAL DE VETERINARIA
VETERINARIO DE EXPLOTACIÓN

Medio cento de profesionais e estudantes de veterinaria participan no curso "Funcións do veterinario de explotacións", que organiza o Colexio de Veterinarios de Lugo coa colaboración da área de Medio Rural da Deputación de Lugo e que comezou o pasado venres na sede da entidade.

A xornada deste venres, a cargo de María del Carmen González Martín, subdirectora adxunta da Subdireción Xeral de Sanidade, Hixiene Animal e Trazabilidade do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e de Gerardo Rivera Cuesta, xefe de servizo de Seguridade Alimetnaria e Producións Gandeiras da Xunta de Galiza, centrouse nas funcións e responsabilidades do veterinario de explotación e na distribución, prescrición e dispensación de medicamentos veterinarios.

A resistencia a medicamentos antimicrobianos, o control da calidade, trazabilidade e manexo de pensos, a normativa estatal de vixilancia de enfermidades, a lei de benestar animal e a súa aplicación nas granxas ou a xestión de puríns son outros dos temas que se abordarán ao longo do curso,  que contará con seis xornadas máis e que recibe unha achega de 3.000 euros por parte da área de Medio Rural.

Mónica Freire suliñou que “a formación destes profesionais facilita que as ganderías conten co asesoramento preciso para cumprir coa normativa vixente e previr a aparición de enfermidades ou situacións que afecten ao benestar dos animais” e explicou que “a actual preocupación pola evolución global de zoonoses por todo o planeta, como a gripe aviar, a peste porcina africana, ou os recentes brotes de lingua azul en ruminantes obrígannos a ser especialmente coidadosos nos protocolos e medidas preventivas de control a establecer polas administracións competentes, ahí radica o gran éxito de participación neste tipo de actividades formativas que tratamos de fomentar dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo”