Deputación de Lugo

A Deputación presenta na poxa de Pedrafita do Cebreiro seis xovencas da Granxa Gayoso

ACRUGA
O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou xunto ao Alcalde do municipio e Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, nesta cita, que reuniu a numeroso público

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao Alcalde de Pedrafita do Cebreiro e Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo; o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades, participou na poxa de Xovencas de Raza Rubia celebrada este venres no Recinto Feiral da localidade. 

A Deputación de Lugo presentou seis exemplares procedentes da Granxa Gayoso Castro a este certame, no que participaron gandeiros e gandeiras de diferentes explotacións da provincia e doutros lugares limítrofes, como León ou Asturias.

O prezo medio dos animais foi de 2.741€ e o animal que obtivo o maior prezo foi vendido por 3.150€.