Deputación de Lugo

O Presidente valora o “espírito de convivencia e boa veciñanza” que fomentan os premios Milagrosistas do Ano

premios
milagrosistas do ano
José Tomé Roca participou na gala de entrega dos galardóns organizados pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto aos deputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres nunha nova edición da gala de entrega dos premios Milagrosistas do Ano, celebrada no Restaurante Manuel Manuel da capital lucense.

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa organiza este evento, no que premiou a 20 persoas e entidades da provincia, “entre os que se atopan alcaldes e alcaldesas da nosa provincia, ademais de persoas e entidades do mundo da empresa, do comercio, da educación, do deporte, do terceiro sector, do fotoxornalismo ou dos Corpos e Forzas de Seguridade”, sinalou o mandatario provincial.

José Tomé felicitou aos premiados e á organización e mostrouse seguro de que “todos e todas seguiremos traballando por Lugo e por este barrio da Milagrosa no futuro, e confío en que sempre conservemos o espírito desta xuntanza: recoñecer o traballo ben feito e fomentar a convivencia e a colaboración en boa veciñanza”.

Entre os premiados están a Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico.