Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inicia a mellora da estrada de Sober a Vilachá cun orzamento de 120.000€

infraestruturas
Os traballos realizados na vía provincial LU-P-5904 consisten na reapertura de cunetas, a reparación e repavimentación do firme, e a limpeza de sinais existentes co obxectivo de mellorar as comunicacións

A Deputación de Lugo comezou as obras de mellora da estrada provincial LU-P-5904, de Sober a Vilachá por Gundivós, en dous tramos: do 0,040 ao 0,646 e do 5,500 ao 12,080, entre os que se atopan os accesos a Santa Cruz e Sanmil. Os traballos teñen un orzamento que supera os 120.000€. 

As actuacións consisten na reapertura de cunetas e, posteriormente, no saneamento da vía, a reparación do firme e a repavimentación de zonas danadas. Por último, levarase a cabo a limpeza das sinais existentes. 

As melloras teñen un prazo de execución de dous meses e foron adxudicadas á empresa Hordescón SL.