A Deputación de Lugo apoia á AECC nunha nova edición da Marcha Contra o Cancro
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-04/IMG-20230429-WA0133.jpg)
A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou este sábado en Lugo nunha nova edición da Marcha contra o Cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Lugo. González Abelleira destacou a importancia desta cita para concienciar á sociedade sobre a prevención e a investigación desta doenza, e valorou a alta participación rexistrada. A Deputación colabora coa AECC cunha achega económica de 40.000€ para contribuír ao seu funcionamento e actividades.