Deputación de Lugo
Turismo

Máis de 300 estudantes de Vilalba participan no último concerto do ciclo da Deputación Música e Memes

Música e memes

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, e a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, participaron este martes no último concerto do ciclo Música e Memes, impulsado pola Deputación de Lugo, que se celebrou na capital da Terra Chá. O auditorio vilalbés acolleu a máis de 300 alumnos de 2º e 3º de secundaria do IES Basanta Silva e do primeiro curso dos ciclos ofertados no IES Lois Peña Novo. Este programa, que percorreu nas últimas semanas Monterroso, Viveiro, Burela, A Fonsagrada e Becerreá, achega a música clásica ás novas xeracións a través dos memes e do Trío K. 498 Kegelstatt para clarinete, viola e piano, de W.A. Mozart. Este ciclo permitiu que máis de 625 estudantes de secundaria e ciclos da provincia coñeceran un estilo musical menos habitual nestas xeracións.