Deputación de Lugo

O Presidente asina a venda de tres novas parcelas nos polígonos industriais de Chantada e Castroverde

Polígono industrial
Castroverde
Chantada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres pola mañá a venda dunha nova parcela do polígono industrial de Chantada e dúas do de Castroverde, ambos xestionados pola institución provincial unha vez extinguida SUPLUSA. O complexo empresarial de Chantada conta con 49 parcelas, das que 28, incluídas a de hoxe, xa teñen formalizada a escritura pública de venda. Pola súa banda, no polígono de Castroverde, das 49 parcelas das que dispón, 35 xa foron vendidas -coas dúas de hoxe- e 9 están en reserva.