Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación agradece o seu labor ao comisario xefe da Policía Nacional na provincia, José María Esteban

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes no Pazo de San Marcos ao comisario xefe da Policía Nacional da provincia de Lugo, José María Esteban Corral, que deixa o seu cargo ao alcanzar a idade de xubilación despois de 40 anos de servizo. No encontro, José Tomé expresoulle o agradecemento e consideración polo traballo que desenvolveu durante os seis anos nos que estivo no cargo e ao longo de toda a súa carreira profesional, e desexoulle moita sorte na súa nova etapa vital.