O Presidente asiste á entrega das Medallas de Ouro do Concello de Lugo ás 19 asociacións do Arde Lucus
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves ao acto no que as 19 asociacións implicadas na organización e celebración do Arde Lucus recibiron as Medallas de Ouro do Concello de Lugo de mans da Alcaldesa, Lara Méndez. No evento, que acolleu o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), o mandatario provincial recoñeceu “a importante contribución e esforzo” que estes colectivos culturais fan “para que esta cita de recreación histórica, coa que temos a honra de colaborar tamén dende a Deputación de Lugo, sexa única e fose declarada Festa de Interese Turístico Internacional”.