Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O Club de Remo de Ribadeo organiza o Campionato Galego de Remoergómetro

Club de Remo de Ribadeo
Ribadeo
Remoergómetro
ÁREA DE MOCIDADE
DANIEL GARCÍA

Ribadeo acolleu este domingo o Campionato Galego de Remoergómetro organizado polo Club de Remo de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse ata o pavillón polideportivo ribadense, no que ao longo da mañá competiron preto de 300 deportistas de distintas categorías -desde alevín ata veteranos- de 23 clubs de toda Galiza, entre eles, unha vintena de remeiras e remeiros do club ribadense, que conta cunha das mellores canteiras do país.

Daniel García parabenizou ao club ribadense "que co traballo diario e os resultados deportivos, pero tamén coa organización de eventos deste nivel, segue reforzando o sue papel referencial no remo galego" e ratificou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ao deporte de base, como actividade competitiva e como contribución a un ocio activo e saudable para a mocidade.

Club de Remo de Ribadeo